logo paquebote
66 libros encontrados buscando autor: RAMON CARIDE

www.paquebote.com > RAMON CARIDE

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9914-494-8

Endogamia 0.2

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nas súas vacacións en Bangladesh, o xornalista audiovisual Eduardo Morán conseguiu facerse coas impactantes imaxes do suplicio ao que foi sometida unha rapaza de catorce anos condenada por un tribunal local islámico. Tras o terremoto e o accidente da central nuclear, que provocou centos de mortos, no pavillón de Ivate amoréanse un millar de refuxiados que intentan protexerse dos efectos do escape radioactivo. Des que Gustavo foi diagnosticado de «deterioración neuronal progresiva», a súa dona, Carme, e o resto da súa familia viven en vilo. U-los remedios contra o mal de Alzheimer?
Como xa fixera en Exogamia 0.3, Ramón Caride reúne relatos, non estritamente literarios, sobre problemas decisivos para a humanidade ante os que ninguén pode quedar alleo: a violencia sobre as mulleres, a enerxía nuclear, a doenza do Alzheimer e a investigación médico-farmacéutica.


ISBN:

978-84-9914-599-0

As viaxes de Ruki

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Tan pronto como chegaban do colexio Pedro e Petra fechábanse no cuarto da rapaza e púñanse a fedellar co seu equipo de electrónica.
Así foi como naceu Ruki, un rato-robot que, grazas a unha teteira, un ordenador e unha tormenta, rematou viaxando polo universo, visitando estrañísimas galaxias
e seres como os guquipuquis, os ratos cempés ou a Comellona do planeta Toupamil…


ISBN:

978-84-9914-967-7

Liquidación de existencias

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 152
Formato: Rústica
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Liquidación de existencias contén historias que aparentan estar collidas das rúas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan cómicas e tan absurdas que abalan entre a empatía e o noxo. Talmente como a vida.
O mundo como un inmenso Polígono Outlet no que todo está de saldo. Materias, experiencias, formas, sentimentos, corpos e soños. Se non podemos cambiar o presente, liquidemos o futuro. Así, como cadre. Nada está fóra do mercado. Vivimos nunha exposición permanente. Oxidación continua e renovación de catálogos. Tamén nos seres humanos. Sobre todo neles. A mellor publicidade é boca a boca. Non se fíe da pantalla. As dimensións da vida axústanse, por definición, ao tamaño do respectivo espazo comercial. Todo está de sobra, pero nunca hai abondo. A biodiversidade en regresión e os sucedáneos en alza. Atope as diferenzas. A vida en modo apocalipse selfie. Se non podes facelo, non perdas tempo en contalo.


ISBN:

978-84-9914-400-9

Sarou Louzós

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 184
Formato: Rústica
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos –Sarou, nas Rías Baixas; e Louzós, no corazón da Galiza central–, con historias do máis escuro e violento realismo, resgatadas dos xornais e da nosa memoria común; e tamén con personaxes marcados a ferro pola vida. Fitos e alicerces da nosa serie negra, estas historias son tamén expresións dun mundo propio, dun universo duro, acedo e conflitivo, onde só o amor, contadas veces, é quen de poñer luz, ou de tentar dar acougo. (*CR*)Por primeira vez, todos os relatos do ciclo recóllense xuntos e organizados polo autor nun volume unitario. Xa que logo, este é un libro senlleiro; en verbas de Xosé Vázquez Pintor: unha «crónica de sucesos a pé de obra, estes retratos de urxente xornalismo que xa se instala na retina, no de cada día; e todos somos cómplices, parte destas historias de infinita soedade e infinitas arañas a tecer os cabos do naufraxio».


ISBN:

978-84-9914-222-7

Exogamia 0.3

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 96
Formato: Rústica cosido a fío, 13 x 21 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

John Brockman sostén que a ciencia é a única noticia, o único verdadeiramente novidoso que hai hoxe sobre a Terra. Na ciencia sempre hai algo novo: a internet, as células-nai, as vacinas contra a SIDA, as probas de ADN, os avances contra o alzhéimer, a loita contra o cambio climático. Ningunha empresa ten o monopolio dos números. Ningunha nación ten a soberanía sobre a adenina e a guanina. Ningún imperio goberna as ondas cuánticas, a astrofísica ou o cálculo diferencial. (*CR*)Hoxe debe haber sitio para todos na celebración do coñecemento, unha verdade que non se pode vender nin mercar nin impoñer pola forza, nin conter nin evitar. A ciencia é imparable. Exogamia 0.3 reúne media ducia de relatos, non estritamente literarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debate necesario sobre algúns dos temas candentes do noso tempo, cuestións nas que a ciencia é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ninguén pode quedar alleo.(*CR*)


ISBN:

978-84-9914-339-2

Catro amigos pillabáns

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 64
Formato: Rústica
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato gustaríalles vivir aventuras como as dos personaxes das películas que ven no cine. E un día o seu desexo faise realidade. Grazas á aparición dun bastón máxico, iniciarán unha emocionante viaxe que os levará a cruzar o océano e chegar ata Australia, onde terán que atopar o xeito de regresar ás súas casas.


ISBN:

978-84-9914-332-3

A pomba dona Paz

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 40
Formato: Cartoné
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños.(*CR*)O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz.(*CR*)A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática.(*CR*)Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.


ISBN:

978-84-667-2560-6

Peligro vegetal «Las aventuras de Said y Sheila»

Editorial: Anaya Infantil y Juvenil   Año:    Páginas: 128
Formato: Rústica, 13 x 20
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En la pantalla del ordenador de Said y Shela, dos hermanos que viven en el año 2075, aparece una noticia sorprendente: «Una nueva planta revolucionaria, el supercereal SC-1, será la solución de los problemas alimentarios de la humanidad». Cuando buscan más datos, aumenta la intriga: «Una planta monstruosa arrasa la pampa argentina». Said y Sheila tendrán que descubrir cuál es la relación entre una y otra, y dónde se encuentra el Peligro vegetal.


ISBN:

978-84-17824-18-1

HISTORIAS (IN)CERTAS

Editorial: EMBORA   Año:    Páginas: 83
Precio: 12,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-17824-20-4

V DE BESTIARIO

Editorial: EMBORA   Año:    Páginas: 46
Formato: Rústica
Precio: 12,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal